Numeracion Curtis logos

Rutas gastronómicas, música e a IV Feira do Comercio, no programa da Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro

  • Esta XVIII edición, que se celebrará o fin de semana do 28 e 29 deste mes, quere atraer aos afeccionados á micoloxía e aos amantes da gastronomía elacionada con este produto.
  • O IV Feira do Comercio Local organizarase este ano durante os dous días.

cartel XVIII cogomelos copyO Concello de Curtis celebrará os días 28 e 29 deste mes as xornadas da XVIII Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro cunha completa programación xa consolidada que mestura gastronomía, música e comercio local co obxectivo de atraer ao municipio ese fin de semana aos afeccionados á micoloxía e aos amantes da gastronomía relacionada con este produto.

O inicio das actividades proxectadas para impulsar un dos produtos estrela do municipio, en cuxos montes nacen centos de variedades diferentes, será o venres, cunha charla micolóxica que impartirá un experto no salón de Plenos do municipio, ás 19.30 horas. Da teoría pasarase á práctica, xa que o sábado, ás 10.00 horas, organizarase unha saída ao monte, dirixida por un micólogo da Asociación Pan de Raposo e que é aberta á participación de todos os interesados. As variedades que se consigan exporanse á mañá seguinte diante do Concello.

Durante o resto do día, o comercio será o protagonista xa que a Asociación de Comerciantes de Teixeiro celebrará o IV Feira do Comercio Local, que este ano como novidade manterá aberta a carpa coas casetas que se instalan na Praza de Teixeiro durante todo o fin de semana. Ademais, pola tarde, celebrarase, a partir das 19.00 horas, o IV Dakar Ghaiteiro, e a partir das 22.00 horas, o VII Ruada de Teixeiro, organizada por asociación cultural Faragulla en casa Miraz, na que participarán distintos grupos de cante e baile tradicionais.

O domingo será a xornada dedicada á ruta gastronómica por Curtis e Teixeiro. Un total de 24 locais ofrecerán a oportunidade de degustar as distintas receitas de tapas, petiscos e comidas elaborados con cogomelos, desde as máis tradicionais ás máis arriscadas.

Compoñente europeo

Ese día terá tamén un compoñente intercultural xa que, ás 11.00 horas, no Multusos de Teixeiro celebrarase o irmandamento do concello de Curtis con municipios doutros 6 países europeos, Italia, Portugal, Hungría, Bulgaria, Estonia e Eslovaquia, co fin de promover conxuntamente o voluntariado como ferramenta de promoción do compromiso cidadán coa sociedade. Ao acto acudirán máis de medio centenar de representantes de distintos colectivos e institucións deses países e o Goberno local quere aproveitar a oportunidade para promocionar os produtos locais en Europa.

  •  Tríptico do Programa do XVIII Exaltación dos Cogomelos de Teixeiro pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.