Numeracion Curtis logos

Exposición pública do deseño do trazado da nova rede viaria e do POPEVA da parcelaria de Fisteus

ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE FISTEUS - AVISO INFORMATIVO

parcelaria fisteusTodos os propietarios, titulares e interesados na reestruturación parcelaria de Fisteus poderán consultar a partir do luns, día 4 deste mes de decembro, o deseño do trazado da nova rede viaria e do Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria (POPEVA), que estará exposto durante 30 días naturais no local social de A Illana, no Recinto Feiral de Curtis e na Casa do Concello en Teixeiro. Así se comunicou durante a reunión esta semana da xunta local da concentración.

O documento tamén poderá ser consultado na sede electrónica da Consellería de Medio Rural:

Os técnicos atenderán persoalmente aos interesados en:

bando fisteusTécnico de infraestruturas da proposta da rede viaria de camiños

  • Días: 12 e 14 de decembro
  • Horarios: 11.00 horas a 13.00 horas
  • Lugar: Salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis (Recinto Feiral)

Técnico de infraestruturas dos usos do solo

  • Días: 19, 21 e 28 de decembro
  • Horarios: 11.00 horas a 13.00 horas
  • Lugar: Salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis (Recinto Feiral)

Durante o prazo de exposición, os interesados poderán formular as alegacións que estimen oportunas, por escrito rexistrado no Concello de Curtis, na Xunta de Galicia ou calquera outro rexistro legalmente establecido.

A parroquia de Fisteus, de 45 quilómetros cadrados, é a de maior extensión onde se realiza a concentración parcelaria en toda Galicia. En canto finalice, reducirase a menos dunha cuarta parte a súa actual división.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.