Numeracion Curtis logos

A XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro comeza mañá cun programa de actividades para todas as idades

lecer teixeiro 18Unha cea baile na Praza de España, diante da Casa Consistorial, será o pistoletazo de saída mañá, venres, día 3, da XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro, que inclúe un extenso programa de actividades ata o sábado, día 11.

Organizada polas asociacións e colectivos do pobo de Teixeiro, conta tamén coa colaboración do Concello de Curtis, que organizará o sábado, día 4, o III Teixeiro Summer Festival, que consolida á localidade como o centro neurálxico dos deportes de forza e contacto, e o domingo, día 5, a XIX Festa do Cabalo, que atraerá aos mellores cabalos pura raza galega a probas puntuables para a Copa de Galicia e o Campionato de Galicia.

Ademais, o Concello organizará o mércores, día 8, o Día do Deporte na Rúa e patrocina ese mesmo día a obra de teatro para maiores ‘ Go on’, a cargo da compañía A Laberca.

Para o luns, programáronse torneos de parchís, infantil e para adultos, a actuación do mago Benxamín e cinema; o martes, ademais dunha comida de confraternidade da Asociación de Pensonistas O Recuncho, haberá baile no campo da feira con ‘ Sarillo de Aiazo’; teatro para nenos e música para maiores.

O xoves, 9, haberá xogos para nenos, unha actuación de ‘Monicreques en Igualdade’, de Toxo e Carrouchas, e cinema, e para o venres, día 10, programouse unha ruta e actividades ecolóxicas para nenos pola mañá, e as carreiras da XVIII Milla Urabana de Teixeiro, pola tarde, nas modalidades para nenos a partir dun ano e os alevíns.

A clausura, o sábado, será cun festival de música tradicional e unha gran chocolatada.

Podedes consultar todo o programa, coas actuacións, horarios e lugares en:

  • Programa XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro: pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.