banner web pre narr xIII

Premio Narración Curta

XIII Premio ‘Ó rescate da memoria’

cartel Curtis webA área de Cultura do Concello de Curtis convoca o XIII Premio de Narración Curta, creado para fomentar as letras galegas. A edición deste ano, que leva por título ‘’Ó rescate da memoria’, pretende homenaxear ás persoas achegadas a nós que nos rodearon ou rodean, facendo visibles certos episodios das súas vidas que de seguro enriquecerán o noso presente. Trátase dun exercicio de historia oral a través da recuperación de acontecementos importantes ou aparentemente nimios, coa intención de convertelos en relato, para investigar e poñer por escrito esas anécdotas que circulan polos ambientes familiares desde hai anos.

A historia non só se constrúe de grandes relatos, senón de pezas mínimas do día a día. Historias de familia que esconden grandes verdades, alegrías e tristezas doutras épocas. Así, este ano céntrase en nomes propios de avoas e avós, de veciñas e veciños, de nais e pais. Porque se ben é certo que todo o mundo ten algo que contar, que menos que escoitalo atentamente... E compartilo a través dun relato!.

Bases do certame:

1. Convócase o XIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "Ó RESCATE DA MEMORIA”.

2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.

3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.

4. Deberán enviarse escritos en formato WORD e cunha extensión comprendida entre os 3.000 e os 5.000 carácteres (espazos incluídos).

5. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

6. Achegarase no arquivo de WORD unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence. 6. A data límite de entrega é o 20 de abril de 2018.
7.

7. Establécense dúas categorías:

A. Dos 12 ós 18 anos.
B. Dos 19 anos en diante.

E dous premios en metálico para cada categoría:
   Categoría A: 1o premio de 200 euros 2o premio de 100 euros
   Categoría B: 1o premio de 350 euros 2o premio de 150 euros

8. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.

9. O xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías se así o considera.

10. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.

11. Convidarase ós/ás premiados/as ó acto de entrega que terá lugar no mes de xuño, e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.

12. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.

Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou chamar ó 651046603.

XII Premio 'O meu plan para cambiar o mundo'

XII Premio 'O meu plan para cambiar o mundo'

cartel XII narracion curtaO xurado do Premio de Narración Curta Concello de Curtis, que nesta XII edición fixou a súa temática nas ideas que fan cambiar o mundo, fallou en favor de catro traballos nos que os autores resaltaron valores como o da igualdade nas diferenzas e a forza persoal para transformar á realidade, pero tamén amosaron fonda preocupación polo drama dos refuxiados e a indiferenza da xente.

Os membros do xurado subliñaron a calidade das narracións presentadas nesta edición, máis de medio centenar de relatos, na súa mayoría na categoría de 12 a 18 anos de idade, o que pon de relevo a disposición pola escritura dos máis novos.

Os gañadores deste ano foron:

Categoría A (de 12 a 18 anos)

  • 1º Premio (200 euros): "De soño a realidade", de Lidia Cambón Cancio, de Negreira pdf
  • 2º Premio (100 euros): "Nós, diferentes pero iguais", de Sonia Carballo Dobarro, de Portonovo (Sanxenxo) pdf

Categoría B (de 19 anos en diante)

  • 1º Premio (350 euros): "As malas herbas e a arte de vivir", de Xosé Sobral Amoedo, de Redondela pdf
  • 2º Premio (150 euros): "Intercambios", de María Cristina Rey Vázquez, da Peroxa (Ourense) pdf

A entrega de premios e presentación do seguinte certame será o 29 de setembro de 2017. O lugar e hora será anunciada un tempo antes.

O Xurado este ano estivo formado pola escritora Emma Couceiro, Paula Xirasola (gañadora da edición anterior na categoría B) e Manuel Rico Verea.


XI Premio 'Supermulleres e Superheroinas 2015'

Cartel Curtis_WEB_2015      
Os gañadores este ano foron:

Categoría A, de 12 a 18 anos:

  • Primeiro premio (200 €): ‘Unha nova supermuller’, de Anabel Dafonte Iglesias, do CPI Viaño Pequeno (Trazo, 2002). pdfUnha_nova_supermuller.pdf
  • Segundo premio (100€): ‘Bronce e pedra’, Amaia Tomé Tomé, do IES Francisco Aguiar (Betanzos, 1999). pdfBronce_e_pedra.pdf

Categoría B, a partir de 19 anos:

O xurado estivo formado por:

  • Manuel Rico Verea, lingüista, músico e musicólogo.
  • Eva Lens, bibliotecaria do Concello da Coruña.
  • Lara Dopazo Ruibal, xornalista, poeta, e gañadora na anterior edición deste certame.

 



X Premio ‘Olimpiadas Curtis 2014’

El Concello de Curtis organiza desde hace 10 años un certamen de narración corta con el fin de promocionar las letras gallegas. Cada edición, el premio se centra en un tema diferente.

videoolimpiadascurtis2014   olimpiadascurtis2014
Los ganadores de la edición de este año fueron:

Categoría A, de 12 a 18 años
- Primer premio: 'Mariña', de Ana Santorum Martínez (Lalín). (Premio de 200 €)
- Segundo premio: 'Xaque ó Rei', de Noelia Parracho Rial (Cambados), y 'Fundíndome no mar do norte', de David Picado Liñares (A Coruña). (Premio de 50 € cada uno)

Categoría B, de 19 años en adelante
- Primer premio: 'Baleas', de Lara Dopazo Ruibal (Marín). (Premio de 350 €)
- Segundo premio: 'Segunda oportunidade', de Julio César Carracedo Pose (Arteixo). (Premio de 150 €)

Hicieron la labor de jurado:
- Manuel Rico Verea: lingüista, músico y musicólogo.
- Ramiro Torres: poeta y editor de contenidos culturales.
- Guti Fernández: campeón gallego de culturismo.
- Sara Martínez: estudiante ganadora de varios premios, incluso este certamen.

 

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.