Numeracion Curtis logos

GALICIA AVANZA. PROGRAMA INTERNACIONALIZACIÓN DE PEMES

Programa de aceleración para a internacionalización de pemes.
Ata o vindeiro 18 de maio permanece aberto o prazo de solicitudes de participación no Programa de Aceleración para a Internacionalización de pemes galegas GALICIA AVANZA.

GALICIA AVANZA é un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que persegue que solucións innovadoras galegas alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

Se tes un produto ou servizo innovador con potencial de desenvolvemento a nivel internacional, durante os 8 meses de duración do Programa:

itinerarios 1. Titores expertos identificarán as necesidades para a avanzar na súa internacionalización e contrataremos provedores que as cubran: información sobre mercados, estratexia de marketing, marcas e certificacións, adaptación de produto, etc.

mentores 2. Terás acceso a asesores experimentados en diferentes áreas de internacionalización.

formacion 3. Recibirás formación en áreas relacionadas coa internacionalización.

GALICIA AVANZA é un Programa promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole).

Máis info. : Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.