Numeracion Curtis logos

BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2019

O 2 de xullo de 2019 publicouse a convocatoria para solicitar  o Bono das persoas autónomas para o ano 2019, dirixido a:

- Autónomos/as: Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses cun rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior da convocatoria. 

- Sociedades: Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses. Facturación mínima anual 12.000 euros, IVE incluído. Base impoñible no imposto de sociedades inferior a 30.000 euros. 

Prazo ata o 2 de agosto de 2019 

Máis información: Aquí

AXUDAS EMEGA 2019

Hoxe, día 5 de xullo de 2019, publicouse o Programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria no ano 2019. 

Para empresas privadas formadas por mulleres que iniciaran a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no periodo comprendido entre o 1 de agosto de 2018 e a data de finalización do prazo da solicitude. 

Máis información: Aquí

AXUDA GALICIA RURAL EMPRENDE 2019

Ayudas del igape para novos emprendedores, cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional, en el marco del programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Requiistos: 

- Non ter comezado o proxecto empresarial antes da súa solicitude. 

- Presentar un custo subvencionable entre 25.000 - 500.000 euros. 

- A empresa deberá estar localizada en Galicia. 

Bases da convocatoria: Aquí

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 

PROGRAMA EMPREGA MULLER

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou un programa de axudas para a contratación de mulleres por conta allea. Prazo aberto ata o 30/09/19

Información da convocatoria: Aquí

SUBVENCIÓNS PARA A ARTESANÍA GALEGA

No BOP Núm. 60 do día 27 de marzo de 2019 publicáronse as subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán. 

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.