Numeracion Curtis logos

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS ESO PARA ADULTOS

Educación establece unha nova a data de celebración e un novo prazo de matrícula para a primeira convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, así como as datas dos trámites administrativos necesarios para o seu desenvolvemento

O prazo de matrícula: para a primeira convocatoria será do 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos. Formulario de inscrición: Aquí que deberá entregarse en: 

- Presencialmente: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.

- Por Correos: entregando a documentación en sobre aberto para que o funcionario de correos cuñe coa data de entrega os documentos. 

- Sede electrónica da Xunta coa Chave 365.

Data de celebración: A primeira convocatoria da proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos celebrarase o día 7 de setembro do 2020.

Publicación das cualificacións: O dia 14 de setembro de 2020, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal farase pública a listaxe de cualificacións provisionais da primeira convocatoria. A listaxe definitiva de cualificacións será publicada o dia 22 de setembro de 2020 na mesma web. 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.