Numeracion Curtis logos

Ciclo Superior Dual de Automoción

CartelO I.E.S. de Curtis engade á súa oferta formativa a partir do curso 2021/22 o Grao Superior en Automoción, na modalidade de FP Dual.

Esta nova xanela aberta permitirá continuar coa súa formación ao alumnado que xa cursa o Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles, do mesmo xeito que abre unha nova saída a aqueles alumnos e a aquelas alumnas que rematan os seus estudos de Bacharelato ou cursaron outro grao medio.

O 54% da formación levarase a cabo no noso centro, mentres que o 46% restante será responsabilidade das empresas colaboradoras. O alumnado percibirá a metade do salario mínimo en concepto de bolsa durante a súa estancia nestas empresas, as cales pertencen aos sectores de automoción, agrícola-industrial e mantemento industrial, e son as seguintes:

Na zona de Curtis:

Maquinaria Agrícola Romay SL
Agrícola Castelao SL
Agrícola Curtis SL
Teixeiro Automoción SL
Talleres TAMECA
Sergrauto
Agrobarreiro SL
Durán Maquinaria Agrícola SL
Alcongal SCOOP
Aserpal SA
A estas empresas únenselles desde distintas localidades:

Grupo Lual Automoción SL (Melide)
Plataformas elevadoras, grúas y servicios de transporte Norte SLU (Santiago de Compostela)
Talleres Álvaro (Arzúa)
Integral Motion SL (Bergondo)
Manuel Rey Automóviles SA (Betanzos)
Agrelo Móvil SL (Arteixo)

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.