Numeracion Curtis logos

PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

A Xunta de Galicia, en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas acaba de convocar un programa pioneiro de formación e mentorizaxe destinado a favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas tituladas na nosa comunidade autónoma.

Así, través de Xuventude Mentoring recibirás:

  • Asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora.
  • Formación presencial, semipresencial ou en liña, dirixida a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
  • Invitación a eventos e visitas a empresas destinadas a establecer unha rede de contactos (networking).
  • Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Trátase dun programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e destinado a persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.

Consulta o folleto que te achegamos e, se cumpres os requisitos, non perdas a oportunidade! O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 10 de setembro e só tes que cubrir un sinxelo formulario en liña dispoñible Aquí

E se tes algunha dúbida, contacta a través do correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.