Numeracion Curtis logos

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO 2023

A proba para a obtención do título de bacharelato para persoas maiores de vinte anos ten como obxectivo facilitarlle aos cidadáns que non puideron acadar dita titulación no período de escolarización ordinario a súa obtención mediante a realización dunha proba e sen necesidade de estar escolarizado. Estas probas facilitan que as persoas poidan acreditar os coñecementos adquiridos fóra do sistema educativo e así mellorar o seu desenvolvemento persoal para continuar estudos ou para incorporarse a un traballo sen necesidade de cursar estudos de ningún tipo.

Procedemento: Inscrición na proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos. Código de procedemento: ED534A

Convocatoria: Resolución do 27 de xaneiro de 2023,da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A). Fecha de publicación: 14 de febreiro de 2023

Probas

Datas: A proba celebrarase en sesións de mañá e tarde o día 28 de abril de 2023.

Lugar de realización: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

Prazo de inscrición: 6 de marzo ao 15 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

Presentación da solicitude: As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel en calquera dos centros educativos listados a continuación, ou ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal.

Santiago de Compostela: IES San Clemente.

Lugo: EPAPU Albeiros.

Ourense: EPAPU de Ourense.

Pontevedra: EPAPU Río Lérez.

Vigo: EPAPU Berbés.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.