Numeracion Curtis logos

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO ESO 2023

Hoxe, 13 de febreiro de 2023, publícase a convocatoria para a realización das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro  2023. 

Prazo de de matrícula será:

– Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos incluidos.

– Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos incluidos.

Máis información: Aquí

CURSO DE OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE E MANTEMENTO DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS EN CURTIS

O IES de Curtis organiza o certificado de profesionalidade de Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, formación de nivel 1.

Horario: 15.00 a 20.00 horas. (A proba de selección será o día 28/2/23)

Requisitos de acceso: Estar inscrito como demandante de emprego na oficina de emprego e solicitar participar na acción formativa na túa oficina de emprego. 

Máis información sobre o contido da formación: Aquí

CURSOS DE LINGUA GALEGA 2023

10 de febreiro de 2023

No DOG de hoxe publícase a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuito, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O prazo de matrícula é do 13 de febreiro ao 3 de marzo e os cursos realizaranse do 20 de marzo ao 11 de maio, existindo na modalidade presencial e en liña. A súa duración é de 70 horas.

Matriculación en https://formacion-lingua.xunta.gal e máis información en www.lingua.gal

PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

Para que as persoas interesadas poidan prepararse en modo autoformación para superar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ponse á súa disposición, dentro do Campus Virtual de Emprego, os oito cursos relacionado co nivel 2 e o nivel 3 das competencias clave.

Máis detalles na seguinte ligazón: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.