Numeracion Curtis logos

PROGRAMAS DE FORMACIÓN GRATUITOS RED ARAÑA

A Red Araña (www.empleoenred.org), rede de entidades para o emprego de ámbito nacional, levan a cabo Programas de formación para desempregadas/os en colaboración ca Administración Pública, encargada da financiación integral de ditos programas.

Os programas formativos gratuitos que teñen este ano 2022 son: 

> ADELANTE RURAL. é un programa de formación co obxectivo de orientar e fomentar a actividade laboral, emprendedora e profesional das mulleres, promovendo a permanencia na contorna rural incentivando o uso das novas tecnoloxías. É necesario presentar fotocopia do DNI, do DARDE e o certificado de empadroamento para acreditar que é un municipio de menos de 5000 habitantes. O programa inclúe dúas formacións, das que se debe elexir unha en función dos intereses das participantes; As formación son:
- Competencias dixitais para a búsqueda de emprego.
- Empresarias no mundo rural.

> AULAS TIC. Competencias dixitais para persoas desempregadas. Os requisitos necesarios é presentar a fotocopia do DNI e do DARDE. Dentro deste programa realízanse itinerarios personalizados de inserción, levamos a cabo un obradoiro en habilidades sociales orientadas a búsqueda de emprego e unha formación en competencias dixitais orientadas á mellora da empregabilidade. Dentro desta acción, abonaránse BECAS a cada participante por día de asistencia: o importe é de 5 euros o día.

Os contidos das nosas accións son totalmente flexibles, podendo ser adaptado ás necesidades formativas dos asistentes. 

As persoas interesadas poden poñerse en contacto:

Red Araña: Lara Barreiro Amor  Tfno.: 604 018 024

FORMACIÓN: AXENDA EMPRENDE 2022. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

25 de abril de 2022

Para a participacións en actividades e accións formativas da Axenda Emprende:

Os prazos límite, para a achega das solicitudes completadas a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., das accións formativas son os seguintes:

>     Emprendemento Social en Economía Circular: Prazo para participar en Oleiros ata o 9 de maio de 2022 ás 14.00h.

>   Planificación e Iniciativa Emprendedora en pequenos negocios e microempresas: Prazo para participar en Ordes ata o 9 de maio, en Arzúa ata o 9 de maio de 2022 ás 14.00h

Para máis información e inscrición: Servizo de Orientación Laboral 981789003 ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

 

Probas de competencias clave dos niveis 2 e 3

O 16/02/2022, publicouse en DOG a RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Convócanse, polo tanto, probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.


O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 7 de abril de 2022.

As "casas do maior": unha oportunidade para cooperativas de traballo asociado no rural. Que son. Axudas para a súa creación

CURSO ONLINE, 23 DE FEBREIRO DE 2022 / DE 17,00h A 19,00h

Desde Acción contra a fame querémoste convidar a esta Xornada informativa sobre as casas do maior e as axudas da Xunta de Galicia para a súa creación, que organizamos o vindeiro mércores 23 de febreiro en modalidade en liña. Este encontro diríxese a todas aquelas persoas interesadas en emprender no rural dentro do sector de Atención sociosanitaria, atendendo ás persoas maiores nunha contorna familiar e próxima. Veremos en que consiste esta iniciativa, con que axudas conta e o seu encaixe na Economía Social mediante a creación de cooperativas de traballo asociado.

Inscríbete en https://bit.ly/casasdomaior

Máis información: 

Lidia Enrich González. Técnica de emprendimiento

Email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

www.accioncontraelhambre.org

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.