Numeracion Curtis logos

REANÚDASE O PRAZO PARA AS PROBAS CELGA DE 2020

A Secretaría Xeral de Política Lingüística retoma o prazo de presentación de solicitudes para as probas Celga de 2020. Os 14 días naturais do prazo non consumido finalizan o 16 de xuño.

As datas de realización das probas non están establecidas (a previsión é setembro ou outubro de 2020) de acordo coa evolución da crise sanitaria provocada pola Covid-19

As datas concretas serán debidamente publicitadas na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

CURSOS ONLINE EN ABERTO OFRECIDOS POLA CRUZ VERMELLA.

A Cruz Vermella, ofrece en aberto os seguintes cursos en liña para todos/as vos:

Coronavirus: coñecementos básicos e medidas de prevención

Neste curso saberás que son os coronavirus, cales son os síntomas do Covid-19, cómo se pode contaxiar unha persoa, se existe tratamento, medidas de protección, manexo do estrés... con probas prácticas para afianzar os teus coñecementos.

Se queres acceder ao curso sobre o coronavirus só tes que premer aquí: Aquí

Primeiros auxilios básicos

Nesta píldora formativa aprenderedes a conducta AVA, a conducta PAS, atragantamentos, caídas e golpes, cortes e feridas, hemorraxias, intoxicacións, queimaduras, reanimación cardiovascular, a caixa de primeiros auxilios... e máis cousas, con exercicios prácticos ao final de cada módulo.
Se queres acceder ao curso de primeiros auxilios só tes que premer aquí: Aquí

Estes cursos non dan dereito a diploma, pero poden ser interesantes para o público en xeral. Animádevos a facelos!!!


Moitísimas grazas a Cruz Vermella por ofrecelos!

Xornada Técnica: Manexo de pragas e enfermidades en horticultura ecolóxica.

A Asociación Raíña programa unha nova xornada técnica destinada a que os asistentes perfeccionen os seus coñecementos na agricultura ecolóxica:

xornadas Mail

Manexo de pragas e enfermidades en horticultura ecolóxica

As 10 horas de duración, están repartidas entre o sábado 28 de marzo, en horario de 16:30 a 20:30 horas, e o domingo 29 de marzo, en horario de 09:00 a 15:00 horas.

Os contidos que trataremos son os seguintes:

PROBAS OFICIAIS DE GALEGO, CELGA 1, 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publica a convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) para este ano 2020. As probas realizaranse nos meses de maio e/ou xuño de 2020 en Santiago de Compostela e Ponferrada, e as datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Máis información

DOG do 12/03/2020: Aquí

Servizo de Orientación Laboral 981789003 

 

AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN DA CLASE B E C Á MOCIDADE GALEGA.

No DOG nº 46, do 9 de marzo, publicouse a Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

O prazo para solicitar estas axudas, en réxime de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito orzamentario, estará aberto desde o 10/03/2020 ata o 31/07/2020.

Gasto subvencionable e contía da axuda:

O gasto subvencionable é a suma global (importe a tanto global) de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.