Numeracion Curtis logos

PROBAS CELGA 2019

As localidades onde se van a realizar as probas e niveis son: Santiago e Ponferrada e se desenvolverán no mes de xuño de 2019. 

O prazo de matrícula nas probas é dende o 26 de marzo ata o 25 de abril de 2019. Máis información sobre a convocatoria: Aquí

 

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 981789003 Ext. 2037

PROBAS COMPETENCIAS CLAVE 2019

Se non tes a ESO ou Bacharelato e queres realizar algún certificado de profesionalidade no que esixan como requisito de acceso a dita formación, pode realizar as probas de Competencias Clave N2 ou N3, en base o nivel que sexa o certificado. 

Prazo de matricula nas probas: do 5/03/19 ata o 29/03/19 

Proba: O 25 de maio de 2019 en Silleda. 

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.: 981789003 Ext. 2037

ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADA NO CIFP de Santiago

O Centro Integrado de Formación Profesional de Santiago oferta, para os vindeiros meses, 15 cursos de formación destinados a persoas desempregadas. Os cursos, de nivel 1, 2 e 3, son fundamentalmente das familias profesionais agraria, madeira e seguridad e medio ambiente, e teñen moitas prazas vacantes.

Esta información pode ser de interese para as persoas desempregadas de Santiago de Compostela e dos concellos próximos. O resumo da programación atópase neste documento e pódese ampliar información no buscador de formación do Portal de Emprego de Galicia ou no telefóno 881 867 650.

Poden descargar unha folla resumo en PDF pulsando Aquí

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. Telf.981789003 Ext. 2037

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TITULO DE BACHAREL 2019

A Consellería de Educación publicou a convocatoria das proba libres para a obtención do título de bacharelato para maiores de vinte anos.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019. A proba celebrarase o día 26 de abril de 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Convocatoria: Aquí

Máis información: Servizo de orientación laboral. 981789003 Ext. 2037

CURSOS GRATUÍTOS CELGA DE PREPARACIÓN DAS PROBAS OFICIAIS

No DOG Núm 35 do 19 de febreiro de 2019 publícanse os Cursos de carácter voluntario e gratuíto preparatorios das probas para obter os certificados de lingua Galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As modalidades ofertadas son: Presencial e Teleformación:

- Os presenciais máis próximos: En A Coruña, Ferrol e Santiago o Celga 2, Celga 3 e Celga 4. En Lugo o Celga 2.
- Os ofertados na modalidade a distancia son: Celga 1, Celga 3 e Celga 4.

Convocatoria da Secretaría Xeral de Pol. Lingüística: Aquí

Máis información: Servizo de orientación laboral. 981789003 Ext.2037

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.