Numeracion Curtis logos

AXUDA EMPRENDEDORES INSCRITOS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

b) Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de inicio de actividade laboral.

c) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Prazo de presentación: 31 decembro 2015 ao 30 setembro 2016.

Para máis información acudir a: Orientación Laboral 981789003 Ext. 37

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.