Numeracion Curtis logos

AXUDAS A PERSOAS MAIORES DE 55 ANOS POLA EXTINCIÓN DOS SEUS CONTRATOS

A ORDE do 26 de abril de 2021 establece as bases reguladoras polas que se regulan as axudas destinadas ás persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por procederen de empresas en crise, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR820E).

As presentes bases teñen como obxecto regular a convocatoria de axudas para paliar a situación económica de persoas traballadoras afectadas, con 55 ou máis anos de idade, pola extinción dos seus contratos de traballo por proceder dunha empresa en crise, a través dos seguintes programas:

Programa I. Axudas destinadas a financiar as cotas a ingresar polo convenio especial que subscribisen ou subscriban coa Seguridade Social.

Programa II. Axudas de pago único dirixidas a compensar ás persoas traballadoras da diminución do importe da indemnización recoñecida como consecuencia de sentenza, auto, acto de conciliación xudicial ou resolución administrativa a favor daquelas, por mor dos referidos despedimentos ou extincións de contratos, cando esta é abonada polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), xa que nestes supostos a indemnización está sometida aos límites establecidos no artigo 33.2 e 33.3 do Estatuto dos traballadores.

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.