Numeracion Curtis logos

Oferta de 500 postos de peón da industria manufactureira para Vilagarcía de Arousa

Na oficina de Emprego de Vilagarcia de Arousa rexistrouse unha oferta na que solicitan 500 postos de peón de industria manufactureira, non sendo imprescindible experiencia previa. Enviamoslles información da oferta. É para unha fábrica que elaborará un produto precociñado de peixe para unha cadea de supermercados.

As persoas interesadas deben solicitar a oferta a través do portal de emprego ou do número de teléfono 012 indicando o número da oferta.

IDENTIFICADOR DA OFERTA: 12/2022/4511

DETALLES:

OPERARIO DE PRODUCIÓN PARA TAREFAS DE CLASIFICACIÓN, LIMPEZA, ETIQUETADO NA INDUSTRIA DA ALIMENTACIÓN.
NIVEL FORMATIVO DA ESO OU EQUIVALENTE.
CARNÉ DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS. XORNADA COMPLETA. TRABALLO A TURNOS CON POSIBILIDADE DE SÁBADO, DOMINGO E FESTIVOS.

CARGO: PEÓNS DA INDUSTRIA MANUFACTUREIRA, EN XERAL

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.