Numeracion Curtis logos

REANÚDASE O PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS PARA A OBTENCIÓN DO CARNÉ DE CONDUCIR

Curtis, 1 de xuño de 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía:

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.

Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes ata o 31 de xullo de 2020

AXUDA PARA O ALUGUER DE VIVENDA HABITUAL 2020 - COVID19

22 de maio de 2020

A Xunta publica hoxe a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual,e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E)

A contía desta axuda será de ata 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe da renda do contrato. A axuda concederase polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia do COVID-19, durante un período máximo de 6 meses, e poderá ter efectos retroactivos.

Máis información: DOG 22/05/20

 

ACTUALIZACIÓN DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DO SPEG

Como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, Emprego Galicia adoptou as seguintes medidas:


- NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020.
- NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación justificativa.
- NON se esixirá a acreditación da procura activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
- Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O teu persoal de orientación, poderá contactar contigo, no seu caso, para citas de seguimento telefónico.
- Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os talleres de emprego e os programas integrados de emprego.

Información recollida polo Servicio Público de Emprego na web emprego.xunta.gal e confirmada coa Oficina de Emprego de Betanzos. 

 

APOIOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS ACOLLIDAS A ERTES

Curtis, 27 de abril de 2020

A Xunta activa unha liña de apoios para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego do Goberno central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750. O convenio, acordado coas entidades financeiras, permitirá aos/ás empregados/as solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes.

As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do Erte ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o Erte afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente.

Máis información nos teléfonos 900 815 600 e 900 815 151 e na web de Emprego Galicia (https://emprego.xunta.gal).

Pasos a seguir para a SOLICITUDE . pdfpasos-anticipo-prestacion-erte.pdf

MERCAPROXIMIDADE

A Consellería do Medio Rural, publica hoxe día 14.04.20, a creación dunha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade con motivo da suspensión de actividades comerciais derivada da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A adhesión:
Farase preferentemente a través das organizacións profesionais agrarias, as asociacións de produtores e os consellos reguladores de denominacións de orixe e de indicacións xeográficas protexidas, tras a solicitude do produtor. Tamén os provedores poderán adheirse á rede de maneira individual.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.