banner narracion curta XIV

AXUDA NOVOS EMPRENDEDORES

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo. (DOG Núm 247 do 29 de decembro 2015).

Requisitos: estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre
o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou
cotitulares do negocio ou explotación.

Máis información: Orientación laboral 981789003 Ext. 37

AXUDA EMPRENDEDORES INSCRITOS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

b) Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de inicio de actividade laboral.

c) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Prazo de presentación: 31 decembro 2015 ao 30 setembro 2016.

Para máis información acudir a: Orientación Laboral 981789003 Ext. 37

ACCIÓN FORMATIVA EN ALMACENAMENTO E XESTIÓN DE STOCKS

GetAttachmentO concello de Curtis desenvolveu durante a primeira semana do mes de decembro o curso de Almacenamento e xestión de stocks de 25 horas lectivas, ao que acudiron 15 veciños e veciñas.

Os tipos de almacén, os métodos de almacenaxe, a manipulación de cargas e o manexo de carretas de patio e de gran tonelaxe, foron algúns dos temas recollidos no programa docente do curso. 

MANEXO SEGURO DE CARRETAS ELEVADORAS - CEC

P1050643O Concello de Curtis acolleu o día 28 e 29 de outubro o curso de IMG 20151029 WA0001"Manexo Seguro de Carretas Elevadoras" realizado pola Confederación de Empresarios de A Coruña e cofinanciado pola Xunta de Galicia. 

Nesta acción formativa participaron vinte alumnos/as, traballadores por conta allea, propia e desempregados. 

FORMACIÓN EN TEIXEIRO SOBRE O COMERCIO ELECTRÓNICO

IMG 20151001 135222O Concello acolle esta semana o curso de "Comercialización e Venda Electrónica" integrado no proxecto da Deputación da Coruña Rede Xiana2.

Cunha participación de dez alumnos/as, o obxectivo desta formación é capacitar aos emprendedores no uso de ferramentas para a creación, diversificación e consolidación do seu producto / servizo e da carteira de clientes.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.