Numeracion Curtis logos

Apertura de listas para a contratación temporal en SEAGA

Curtis, 17 de outubro de 2022

SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, SA) comunicounos que desde o 1 de outubro ata o próximo 4 de novembro de 2022 ten aberto o prazo para a inscrición nas listaxes de persoal temporal nas seguintes categorías:

Enxeñería de Montes
Enxeñería Agrónoma
Enxeñería Técnica Forestal
Enxeñería Técnica Agrícola
Enxeñería de Camiños, Canles e Portos
Enxeñería Técnica de Obras Públicas
Arquitectura
Arquitectura Técnica
Capataz
Xefe/a de Brigada
Maquinista-condutor/a
Peón Especialista
Peón
Oficial Administrativo/a
Auxiliar Administrativo/a
Dereito
Bióloxía
Técnicos/as de Laboratorio
Titulado/a en Ciencias do Mar
Económicas

Máis información: Seaga

Obradoiro de Emprego “Terras da Montaña IV”, Curtis, Sobrado e Vilasantar.

Curtis, 8 de agosto de 2022

LOGO OEA Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu 503.987 euros aos Concellos de Curtis, Sobrado e Vilasantar para iniciar en setembro de 2022 un Obradoiro de Emprego que formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de xardinaría e forestais.

O concello de Curtis é o solicitante e coordinador do programa, polo que o obradoiro estará situado no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro (Curtis), ainda que o alumnado realizará actuacións de mellora das zonas públicas verdes nos tres concellos durante un periodo de 12 meses.

Asemade do alumnado, realizaráse un proceso de selección para a contratación dun Director/a do obradoiro, dous mestres para as especialidades, un/unha mestre/a de educación, un/unha mestre/a de xestión empresarial e un/unha auxiliar administrativo/a.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección, como alumno/a ou persoal directivo, docente e de apoio, poderán solicitalo na súa oficina de emprego ou a través da oficina virtual do Servicio Público de Emprego ata o 18 de agosto de 2022.

MECANICOS PARA BERGONDO

Curtis, 30 de xuño de 2022

O taller Manuel Rey de Bergondo está buscando a 2 mecánicos no seu taller de camións. 

As persoas interesadas poden enviar o seu cv a: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. 

 

Oferta de 500 postos de peón da industria manufactureira para Vilagarcía de Arousa

Na oficina de Emprego de Vilagarcia de Arousa rexistrouse unha oferta na que solicitan 500 postos de peón de industria manufactureira, non sendo imprescindible experiencia previa. Enviamoslles información da oferta. É para unha fábrica que elaborará un produto precociñado de peixe para unha cadea de supermercados.

As persoas interesadas deben solicitar a oferta a través do portal de emprego ou do número de teléfono 012 indicando o número da oferta.

IDENTIFICADOR DA OFERTA: 12/2022/4511

DETALLES:

OPERARIO DE PRODUCIÓN PARA TAREFAS DE CLASIFICACIÓN, LIMPEZA, ETIQUETADO NA INDUSTRIA DA ALIMENTACIÓN.
NIVEL FORMATIVO DA ESO OU EQUIVALENTE.
CARNÉ DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS. XORNADA COMPLETA. TRABALLO A TURNOS CON POSIBILIDADE DE SÁBADO, DOMINGO E FESTIVOS.

CARGO: PEÓNS DA INDUSTRIA MANUFACTUREIRA, EN XERAL

 

Convocatoria de Acreditación da experiencia laboral 2022

Curtis, 31 de xaneiro de 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 17) publica o mércores 26 de xaneiro de 2022 unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos. Trátase de 460 novas prazas, o que supón un total de 1.600 unidades de competencia, e un total de 3 cualificacións.

As 3 cualificacións son as seguintes:

-Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2 e UC0082_2

Estas unidades de competencia correspóndense con dous certificados de profesionalidade completos:
Vixilancia, seguridade privada e protección das persoas
Vixilancia, seguridade privada e protección de explosivo

-Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas
-Amarre de porto e monoboias (MAP404_1): 50 prazas.
-Tamén se convocan 50 prazas na unidade de competencia UC0010_1 (contribuír ás operacións de cuberta nunha embarcación pesqueira.
O prazo de inscrición é dende o día 27 de xaneiro de 2022 ata o día 23 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Para poder presentarse deberán posuírse os seguintes requisitos:

Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 15 anos
Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.
Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade: https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/reconecemento-experiencia-profesional

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.