Numeracion Curtis logos

PROBAS DE ACCESSO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

Hoxe, día 11 de febreiro publicouse no DOG Núm. 28 a convocatoria para as probas de acceso ao ciclo de grao medio e de grao superior. Prazos:

CFG Medio- O prazo de inscrición nas probas estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos. Sendo a proba oficial o día 25 de maio de 2016.

CFG Superior-O prazo de inscrición nas probas estará abranguido entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos. Sendo a proba oficial o día 20 de abril de 2016.

Máis información en: Orientación Laboral. Tlf.: 981789003.

CONVOCATORIA DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA LABORAL

Requisitos: Nos certificados de Nivel II, 2000 horas  traballadas nos derradeiros 10 anos ou 200 horas de formación non formal e nos de Nivel I,  1200 horas traballadas ou 200 horas de formación. 

Certificados: 

Consellería de Economía, Emprego e Industria: Atención sociosanitaria no domicilio e en institucións sociais, Servizos para o control de pragas, Xestión de servizos para o control de pragas e control de organismos nocivos, Socorrismo en instalacións acuáticas, Extinción de incendios, Confección e mantemento de artes e aparellos. PRAZO: Ata o 10 febreiro 2016.

Ademais, Aproveitamentos forestais e Tanatopaxia teñen un PRAZO: Inicio do prazo en 3 meses a contar dende o 11/01/16. 

Consellería de Educación: Xestión administrativa, Xardinaría e floraría, Construción, Obras de interior e decoración, Instalacións eléctricas, Instalacións de telecomunicación, Mecanizado, Soldadura e caldeiraría. Cociña. Servizos de restauración, Xestión de aloxamentos turísticos, Estética, Peiteado, Panadería, Sistemas microinformáticos, Instalacións frigoríficas, Instalacións de produción de calor, Carpintaría, Instalación e amoblamento, Laboratorio, Emerxencias sanitarias, Farmacia, Educación Infantil, Carrozaría, Electromecánica de vehículos e de maquinaria. PRAZO: Ata o 5 febreiro 2016. 

Máis información: Orientación laboral. Telf. 981789003  

AXUDA NOVOS EMPRENDEDORES

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo. (DOG Núm 247 do 29 de decembro 2015).

Requisitos: estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre
o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou
cotitulares do negocio ou explotación.

Máis información: Orientación laboral 981789003 Ext. 37

AXUDA EMPRENDEDORES INSCRITOS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

b) Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de inicio de actividade laboral.

c) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

Prazo de presentación: 31 decembro 2015 ao 30 setembro 2016.

Para máis información acudir a: Orientación Laboral 981789003 Ext. 37

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.