Banner Narracion Curta XVI

OFERTAS DE EMPREGO 31/8/21

 
- Condutor de trailer para a planta de Biomasa. Recollida da Biomasa e entrega na planta do Pol.Ind. de Teixeiro. Requisitos: C1, experiencia 1 ano como condutor. 
 
- Operador/a de recepción de leite. Empresa: Inleit. Requisitos: Operador ADR, experiencia 3 anos no sector agroalimentario, capacidad para traballar nunha planta automatizada. 
 
- 2 Técnicos/as para o "Proxecto Ambiental Vilasantar, Sobrado e Curtis". Requisitos bacharelato ou FP Grao Superior, máis información en BOP Núm. 161 do 25/8/21. Contrato temporal 2,5 meses. Prazo de inscrición de 5 día hábiles, ata o 1 de setembro 2021 incluído. 
- Repartidor/a - Vendedor/a Furgón. Traballo estable a xornada completa. Requisito: carné B e experiencia conducindo un furgón. Empresa de alimentación en Mesía. 
 
Máis información: Servizo de Orientación Laboral .981789003 
 

299 PRAZAS PARA O SERGAS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 5/7/2021 publica a convocatoria do concurso-oposición para o acceso a diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.

O número total de prazas convocadas neste proceso é de 299 desagregadas en: calefactor (37), condutor (12), costura (21), electricista (38), fontanería (18), lavandería (39), mecánica (19), pasador de ferro (45), técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información (12), técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información (8), técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información (4) e traballador social (46).

Dada a súa coincidencia co período estival, o prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de agosto. O formulario de inscrición estará dispoñible para as persoas interesadas na Oficina virtual do profesional (Fides/expedient-e).

Máis información: Aquí

OFERTA EMPREGO MAQUINARIA AGRÍCOLA ROMAY

Curtis, 24 de xuño de 2021

Maquinaria Agrícola Romay, SL, empresa dedicada á fabricación de maquinaria agrícola, con novas instalacións no polígono de Teixeiro, necesita incorporar á súa plantilla persoal con coñecementos de maquinaria agrícola, valoraráse formación profesional relacionada co sector. Postos: 

- Persoal para peritaxe ou enxeñeiro/a agrícola

- Conductor/a de camión con coñecementos no manexo de trator agrícola, carreta elevadora ou grúa

- Persoal de contabilidade, facturación, bancos, asentos contables, xestión de stock, etc

- Pintor/a industrial dentro de cabinas climatizadas. Pintado con máquinas mezcladoras, control por pc. 

- Persoal de almacén, manexo de carretas elevadoras, ponte grúa. Valoraráse CFGMedio. 

- Soldador-montador para montaxe de novas maquinarias en lines de montaxe, manexo/ ponte grúa e ferramentas de apriete.

Para máis información: Servizo de Orientación Laboral 981789003 Ext.2037

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.