Banner Narracion Curta XVI

299 PRAZAS PARA O SERGAS

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 5/7/2021 publica a convocatoria do concurso-oposición para o acceso a diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.

O número total de prazas convocadas neste proceso é de 299 desagregadas en: calefactor (37), condutor (12), costura (21), electricista (38), fontanería (18), lavandería (39), mecánica (19), pasador de ferro (45), técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información (12), técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información (8), técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información (4) e traballador social (46).

Dada a súa coincidencia co período estival, o prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de agosto. O formulario de inscrición estará dispoñible para as persoas interesadas na Oficina virtual do profesional (Fides/expedient-e).

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.