Numeracion Curtis logos

III edición da Poxa de Elite de Gando Frisón e xornadas formativas

subastaO municipio de Curtis acollerá os días 16 e 17 de marzo a III edición da Poxa de Elite de Gando Frisón que organiza o Concello, a única deste tipo que se celebra en Galicia para impulsar a calidade xenética das explotacións gandeiras e pór en valor o traballo e o investimento dos titulares.

Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo

Como preámbulo a esta poxa, o Concello volve organizar accións formativas para impulsar o xornada millo copysector primario, con ponentes de primeiro nivel. Nesta edición será unha Xornada Técnica Monográfica sobre o Cultivo do Millo, que se celebrará o sábado, 16 de marzo, no Recinto Feiral de Curtis.

A estas xornadas acudirán dous destacados expertos internacionais: Francisco Joaquín Morell Soler, director de agronomía de Du-Pont Pioneer; e co recoñecido consultor Albert Porte-Laborde.

Tanto a colleita como o ensilado do millo representan o maior investimento que realizan ano tras ano as explotacións de gando vacún de leite. Acadar o maior rendemento posÍbel por hectárea cultivada supón optimizar os investimentos e mellorar a marxe de beneficio no leite producido.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.