banner narracion curta XIV

Prazas de voluntariado para proxectos de turismo e desenvolvemento local en Belví, Cerdeña

europeo 2016

A área de Xuventude do Concello de Curtis informa de que hai prazas de voluntariado para dous proxectos en Belví, en Cerdeña (Italia). 

European Youth Autumn (EYA I)

  • Datas: 01/10/2016 – 30/10/2016 (1 mes)
  • N.o prazas: 3
  • N.o total participantes: 12

Países participantes: España, Malta, Alemania, Letonia.

Proxecto: Apoio turístico.

As 3 persoas voluntarias participarán no evento “Giochi e Sapori in Barbagia”, que está dirixido a mellorar os recursos eno­gastronómicos, culturais e naturais da zona do interior de Cerdeña. Para iso, as tarefas principais, entre outras, dos participantes serán:

­ - Apoio na preparación nas áreas de exhibición.

­ - Apoio en comunicación e material de promoción, así como a súa difusión

­ - Axuda na oficina de información.

­ - Axuda na coordinación no concurso de pintura “Bellevie”

Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 24 de xuño ao email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

European Youth Autumn (EYA II)

  • Datas: 01/9/2016 – 30/06/2016 (10 meses)
  • N.o prazas: 1
  • N.o total participantes: 2

Proxecto: Potenciación e desenrolo de Belvì

As dúas persoas voluntarias desenrolarán as súas tarefas en tres ámbitos:

- CULTURAL: axudarán na biblioteca municipal e no Concello coas actividades que alí se

desenrolen, así como no Museo de Ciencias Naturais.

- MEDIO AMBIENTE: axuda na promoción de concienciación no coidado do medio ambiente

mediante actividades de diversa índole (reciclado, camiñatas...)

- SOCIAL: axuda nas actividades que se vaia crear para os maiores e nenos no centro recreativo do municipio.

Os/as interesados/as en participar neste proxecto, deben enviar unha carta de motivación máis o seu CV antes do 10 de xuño ao email Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

 

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.