Numeracion Curtis logos

O día 18 instalarase en Teixeiro unha carpa informativa sobre a xestión de residuos e a reciclaxe

carparecicla 2016cartelrecicla 2016O día 18 de novembro, venres, instalarase unha carpa en Teixeiro para informar, formar e sensibilizar aos cidadáns sobre a súa necesaria colaboración na xestión sustentable dos residuos sólidos. Na rúa Faragulla, de 10.30 a 13.30 horas, monitores ambientais, apoiados de diverso material didáctico e divulgativo, explicarán os beneficios de adoptar as prácticas vinculadas ao tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

Esta acción, que pretende contribuír a incrementar os niveis de reciclaxe en Galicia, posibilitando así a recuperación dunha boa parte dos residuos, enmárcase na campaña ‘Separemos ben, Reciclaremos mellor’ que promoven a Consellería de Medio Ambiente e Sogama.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.