Numeracion Curtis logos

Cambios nas Escolas Deportivas do 24 de outubro ao 11 de novembro polas obras do polideportivo de Curtis

 

edm 2016O Concello de Curtis informa de que debido ás obras de acondicionamento dos vestiarios do pavillón polideportivo de Curtis, a partir do próximo luns, 24, e até o 11 de novembro, haberá cambios nas actividades das Escolas Deportivas Municipais.

No caso do fútbol sala, manteranse os mesmos horarios e días programados, pero no campo de fútbol de Curtis. As actividades de patinaxe e ximnasia artística, de maiores e de mantemento, organizaranse nos mesmos horarios nas naves multiusos do recinto feiral de Curtis, nas dependencias municipais.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.