Numeracion Curtis logos

Un total de 25 persoas participaron no obradoiro de emprego de Curtis no que a Xunta investiu preto de 540.000 euros

 IGP1345A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, clausurou hoxe esta iniciativa, que ofreceu formación práctica en xardinería e albanelería aos seus participantes

En total, a Consellería destinou en 2011 máis de 700.000 euros a este concello para distintas actuacións dirixidas a mellorar a empregabilidadedos participantes.

Curtis-Teixeiro, 16 de decembro de 2011.- Un total de 25 persoas participaron no obradoiro de emprego que a Consellería de Traballo e Benestar financiou en Curtis cun investimento de máis de 540.000 euros. O alumnado formouse en dúas especialidades: 10 persoas en xardinería; e outras 15 en albanelería.

A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, clausurou hoxe esta iniciativa. Durante a súa intervención, puxo en valor que esta iniciativa mixta de formación e emprego "combina a práctica laboral cunha formación de calidade, o que permite unha aprendizaxe adecuada ás necesidades do mercado laboral".

Ao mesmo tempo, durante o tempo que durou o obradoiro, os participantes realizaron un traballo de interese xeral como foi a dotación de infraestruturas deportivas no campo de fútbol de Teixeiro.

O obxectivo é dotar aos participantes das habilidades e competencias necesarias que lles permitan mellorar as súas opcións de acceder ao mercado laboral.

Con todo, Mato resaltou que esta non foi a única iniciativa que a Consellería apoiou no concello de Curtis en materia de emprego. Ao respecto, concretou que ao longo do presente exercicio o departamento autonómico destinou a este concello máis de 720.000 euros a distintas accións para mellorar a empregabilidade dos participantes, entre as que se inclúe o obradoiro de emprego.

Fixo especial fincapé no financiamento da contratación de 24 traballadores, a través do Plan de cooperación. Para este obxectivo, a Xunta destinou uns 163.000 euros. A isto hai que sumarlle os máis de 22.000 euros que se dedicaron a accións formativas e de orientación para este concello.

Xa para rematar, Mato salientou que o departamento autonómico investirá no 2012 preto de 85 millóns de euros para financiar accións de mellora da empregabilidade, que son "unha prioridade para o Goberno galego".

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.