Numeracion Curtis logos

O Concello enche de cultura o Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro

nadal cultural 17 copyObras de teatro, contacontos, monicreques, maxia e cinema configuran o programa Nadal Cultural 2017-2018 que porá en marcha a concellaría de Cultura, Educación e Deportes a partir do venres 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro.

Como en anos anteriores, as actividades, pensadas para toda a familia e en especial para os máis pequenos, desenvolveranse en Curtis e Teixeiro, do mesmo xeito que as Cabalgatas de Reis, que chegarán aos dous pobos o día 5 e que porán fin, xunto coa festa infantís posteriores, a toda actividade do Nadal.

Ademais, a programación completarase cos Campamentos Urbanos, co fin de axudar á conciliación das familias nesas datas.

NADAL CULTURAL 2017-2018

22 DE DECEMBRO, VENRES

  • Patinaxe sobre xeo (avisarase do lugar e hora).

 24 DE DECEMBRO, DOMINGO

  • 12.00-15.00 horas: Visita de Papa Noël. Percorrido polas rúas de Curtis e Teixeiro.

26 DE DECEMBRO, MARTES

Curtis

  • 17.00 horas: 'De bruídos e miañares' de Xarope Tulú. Espectáculo dirixido a un público familiar onde os animais son os protagonistas e que combina a narración oral e a música en directo. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

nadal 227 DE DECEMBRO, MÉRCORES

Curtis

  • 17.00 horas: Contacontos con 'A sala de catapum chimpun' de O Titiribaile. Que pasa cos contos unha vez que son escritos? Os visitantes axudarán nesta tarefa durante o espectáculo. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

  • 17.00 horas: Maxia con 'A toda maxia' da Compañía Amima. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

28 DE DECEMBRO, XOVES

Curtis

  • 17.00 horas: Maxia con 'Kenneth Ilusionist', de Joshua Kenneth. No Edificio Multiusos

Teixeiro

  • 17.00 horas: Teatro infantil con 'Comenoites' de Os Naúfragos. Baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración), que conta unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

nadal 129 DE DECEMBRO, VENRES

Curtis

  • 17.00 Horas. Monicreques, con  'Xan Perillán compra queixo, compra pan', de Os Monicreques de Kukas. O espectáculo mestura o clown e a pantomima coa maxia e as marionetas compaxinando o lecer e a educación no consumo responsable. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

2 DE XANEIRO, MARTES

Curtis

  • 16.30-19.30 horas. Xogos inchables. No Pavillón Polideportivo.

Teixeiro

  • 17.00 horas. Cine nadal. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

3 DE XANEIRO, MÉRCORES

 Curtis

  • 17.00 horas. Cine nadal. No Edificio Multiusos.

Teixeiro

  • 16.30-19.30 horas. Xogos inchables. No Pavillón Polideportivo.

4 DE XANEIRO, MÉRCORES

  •  Curtis

    • 17.00 horas. Obradoiro de Nadal. No Edificio Multiusos.

    Teixeiro

    • 17.00 horas. Obradoiro de Nadal. No Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).

5 DE XANEIRO, VENRES. CABALGATA DE REIS

Curtis

  • 16.45 horas. Percorrido polo pobo da Comitiva Real (saída desde a Estación de Tren).
  • 17.15 horas: Recepción dos Reis Magos no Edificio Multiusos.
  • 18.00 horas. Chocolotada.

Teixeiro

  • 16.45 horas. Percorrido polo pobo da Comitiva Real (saída desde a Casa do Concello).
  • 17.15 horas: Recepción dos Reis Magos no Edificio Usos Múltiples (recinto feiral).
  • 18.00 horas. Chocolotada.

- Díptico coa programación pdf

 

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL

Horario de mañá desde o 26 de decembro de 2017 ao 5 de xaneiro de 2018.

 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.