Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis homenaxea aos profesionais que cada día co seu esforzo manteñen vivo o sector lácteo galego

  • O libro de fotografías 'As Xentes do Leite' recolle os rostros e nomes dos traballadores que participan en cada fase da cadea de produción.
  • A obra presentarase este sábado, 17, durante as xornadas formativas do II Poxa de Gando Frisón Concello de Curtis.

libro xentes leiteO Concello de Curtis quere render homenaxe aos profesionais que participan en cada fase da cadea de produción da industria láctea galega coa edición do libro de fotografías 'As Xentes do Leite', que presentarán o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e o seu autor, José Luís Míguez Vázquez, este sábado, 17 de febreiro.

A través desta obra, o Goberno local curtiense pon rostro, nome e reflexións ás distintas profesións que axudan cada día a que o sector lácteo galego goce de boa saúde. Así, a través das súas 120 páxinas dá a coñecer aos gandeiros, aos empresarios, aos técnicos de calidade do leite, aos comerciais agrícolas e de xenética, aos profesores das escolas de promoción rural, aos transportistas de forraxe e de gando, aos encargados do ordeño, aos traballadores dos laboratorios, aos vaqueiros, tractoristas e aos asesores en cultivos forrajeros... Así un tras outro ata completar cada elo profesional desta industria, que supón o 50% da economía local curtiense.

Este é o primeiro libro que se edita en Galicia con todos os protagonistas do sector. Para o alcalde de Curtis, "este libro era obrigado porque detrás do sector hai miles de persoas que non só viven do senón que se esforzan en facelo cada día máis competitivo". No prólogo, o rexedor sostén que "cada fotografía representa capital persoal, talento e amor polo rural, e a obra enteira móstranos unha cadea de especial valor que se foi transformando nos últimos anos e na que cada elo representa a traballadores conscientes de que profesionalizando o sector tamén pón ou seu esforzo ao servizo da supervivencia do rural e, por tanto, da supervivencia de Galicia".

O libro, editado coa colaboración de Inleit, será presentado na 'II Xornada do Rural Galego desde Curtis' no marco da II Poxa de Gando Frisón de Élite Concello de Curtis, a única de Galicia, que se celebrará durante o fin de semana, o 17 e 18 de febreiro. Incluirá ademais unha exposición de maquinaria e dos animais a poxar, procedentes das mellores gandarías.

Presentación:

  • 17 febreiro, ás 13.30 horas
  • Salón de actos do Recinto Feiral de Curtis

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.