Numeracion Curtis logos

As axudas ao sector agrogandeiro, a normativa de xurros e a calidade do leite, nas II Xornadas do Rural Galego desde Curtis

  • A xornada, que se celebrará o sábado, 17, enmárcase na programación do II Poxa de Gando Frisón Concello de Curtis deste fin de semana.
  • As iniciativas naceron co obxectivo do Concello de Curtis de acompañar e apoiar ao sector primario, que representa o 50% da economía local.

xornada formativaAs axudas destinadas sector agrogandeiro e a polémica normativa que prohibe a rega de abonos por aspersión para evitar a contaminación centrarán as primeiras charlas do II Xornadas do Rural Galego desde Curtis, que se celebrarán este sábado, día 17, no marco da celebración do II Poxa de Gando Frisón Concello de Curtis.

Despois desta charla, que impartirá un experto o día 17, ás 12.00 horas, no salón de actos do Recinto Feiral de Curtis, Juan Manuel Fiz, representante do grupo lácteo Inleit, explicará 'Que leite demanda o mercado'. Inleite atópase xa traballando na construción no Polígono Industrial de Teixeiro da que será a gran planta de transformación láctea, que suporá a creación de 130 postos de traballo directo e 130 indirectos así como un revulsivo para o sector primario galego.

Ás 13.30 horas, o alcalde Javier Caínzos presentará o libro de fotografías 'As xentes do leite' xunto ao seu autor, José Luís Míguez Vázquez, o primeiro que se edita en Galicia onde se recollen as profesións implicadas no sector lácteo e que quere ser unha homenaxe ás persoas que cada día conseguen que esta industria gañe en calidade e competitividade.

Esta xornada formativa enmárcase no II Poxa de Gando Frisón Concello de Curtis, a única en Galicia destinada a mellorar a calidade xenética das explotacións gandeiras, e ambas iniciativas naceron co obxectivo do Concello de Curtis de acompañar e apoiar ao sector primario, que representa o 50% da economía local.

O sábado, ademais, poderase visitar o gando, procedente do oito mellores gandarías galegas, que se poxarán o domingo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.