Numeracion Curtis logos

Curtis modifica o PXOM para adaptalo á Lei do Solo e axustar os usos do chan á nova realidade do municipio

  • Reducirá os núcleos rurais e adecuará a clasificación do solo rústico con vistas a elaborar un Plan Especial de usos do chan forestal e agropecuario.
  • Tras esta aprobación inicial abrirase un período de exposición pública de dous meses nos que o Goberno local manterá novas reunións cos veciños

pxom7O Concello de Curtis levará ao Pleno Extraordinario deste venres, 16, a aprobación inicial das modificacións do PXOM para delimitar os núcleos rurais e adecuar a clasificación do chan rústico co fin de adaptar o Plan Xeral á nova Lei do Solo, axustalo aos usos reais do chan e responder as necesidades e demandas dos veciños recollidas durante o proceso de participación cidadá.

A delimitación dos núcleos rurais suporá unha diminución de 943 parcelas (3.030.987 m2) desta categoría que pasarán a ser chan rústico de especial protección e permitirá crecer ás explotacións agropecuarias e gandeiras. Ademais, levará unha diminución da edificabilidade respecto ao PXOM do 2007.

Estes cambios, que axustarán os usos do solo á realidade social e económica do municipio, que sufriu grandes cambios na última década, tamén dan resposta ás peticións veciñais xa que nas consultas efectuadas, máis do 50% dos propietarios aseguraron non ter previsión nin capacidade de cumprir cos deberes edificatorios establecidos na normativa urbanística.

Plan Especial de usos do solo

Tras estas modificacións, o Concello poderá avanzar na redacción dun Plan Especial de Protección e Mellora do Medio Rural que ordene os usos do chan xa que actualmente mestúranse os distintos usos agrarios e forestais non favorecendo o crecemento das devanditas actividades. O obxectivo é que o PE delimite claramente as zonas de uso forestal e de uso agrario, así como as condicións en cada unha delas, tal e como xa se prevé efectuar na parcelaria que xurdirá da concentración de Fisteus.

Ao documento tamén se incorporan os cambios derivados das infraestruturas executadas por ADIF para suprimir todos os pasos a nivel do municipio.

Xuntanzas veciñais

Tras a aprobación no Pleno, o Goberno local abrirá un período de dous meses de exposición pública e manterá novas reunións cos veciños durante a primeira quincena de abril para atender as súas dúbidas e suxestións e asesorarlles para que poidan presentar as alegacións que consideren oportunas.

  •  Convocatoria Pleno Extraordinario pdf

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.