Numeracion Curtis logos

Luz verde aos cambios do PXOM do Concello de Curtis, que manterá as consultas cidadás ata a súa aprobación final

  • Reducirán os núcleos rurais e adecuarán a clasificación do chan rústico de acordo coas demandas recollidas no proceso de participación veciñal previo.
  • O alcalde informou das reunións en pobos e parroquias así como cos sindicatos agrarios máis representativos, Unión Agrarias e o SLG.

plenopxomA Corporación municipal de Curtis deu luz verde hoxe no Pleno Extraordinario á aprobación inicial das modificacións do PXOM que reducen os núcleos rurais e adecúan a clasificación do chan rústico co fin de adaptalo á nova Lei do Solo, axustalo aos usos reais do chan e responder as necesidades e demandas dos veciños recollidas durante o proceso de participación cidadá.

O alcalde curtiense, Javier Caínzos, explicou que, a pesar desta primeira aprobación, "as modificacións manteranse como expedientes vivos" xa que o equipo de Goberno proseguirá con consultas veciñais a través de reunións e asembleas nos pobos e as parroquias para dar a máxima información aos interesados e axudarlles a presentar as alegacións e suxestións que consideren oportunas durante os dous meses de exposición pública.

Os cambios que obtiveron luz verde reducen en 943 parcelas (3.030.987 m2) os actuais núcleos rurais que pasarán a ser chan rústico, o que permitirá crecer ás explotacións agropecuarias e gandeiras. Ademais, levará unha diminución da edificabilidade respecto á PXOM do 2007. A proposta dá resposta así ás peticións veciñais xa que máis do 50% dos propietarios aseguraron nas consultas efectuadas que non tiñan previsión nin capacidade de cumprir cos deberes edificatorios establecidos na actual normativa urbanística, pero tamén se destacou a necesidade de crecemento de numerosas explotacións agora en núcleo urbano ao aumentar nos últimos tempos as cabezas de gando.

Os concelleiros non adscritos votaron en contra dos cambios do PXOM alegando a falta de consultas cos veciños e intereses persoais. O rexedor lembroulles todo o proceso de participación previo, ensinoulles as preto de 150 suxestións recollidas e documentadas e informoulles de que esta mesma semana presentou o documento aos dous sindicatos agrarios máis representativos, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, para animalos a enriquecer coas súas propostas o documento final. Caínzos defendeu a importancia de contar coas súas suxestións pola súa implicación co sector primario.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.