Numeracion Curtis logos

Actívase Emprural no Espazo Xove de Curtis para axudar á inserción laboral da mocidade na comarca

EmpruralA Dirección Xeral de Xuventude, Voluntariado e Participación pón en marcha no Espazo Xove de Curtis (Casa da Xuventude)  o proxecto “EMPRURAL: mozos e mozas con proxecto” co obxecto de facilitar á mocidade ferramentas para a súa orientación profesional e futura inserción sociolaboral na comarca, ofrecéndolle apoio e acompañamento profesionalizado no proceso de elaboración e materialización dos seus proxectos en tres eidos: profesional (emprego/empresa), persoal (motivación, habilidades sociais) e social (cooperación, voluntariado, reciprocidade).

Os equipos de profesionais traballarán cos participantes no deseño das rutas para explorar os recursos da comarca e descubrir as necesidades e oportunidades que sirvan para xerar ideas e proxectos, pero tamén traballarán cos mozos e mozas na súa formación personalizada e na súa aprendizaxe a través de estadías en empresas.

O labor incluirá, ademais, a titorización e o seguimiento individualizado dos itinerarios de inserción laboral e social.

  • Lugar: Espazo Xove de Curtis.
  • Desenvolvemento: Desde abril a outubro do 2018.
  • Destinatarios/as: mozos e mozas de territorios rurais con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos en fase de finalización de estudos, desempregados ou en situación de abandono escolar que estén interesados/as nunha ou máis actividades do proxecto.
  • Inscricións: Formulario web da páxina de Xuventude
  • Máis información: Servizo de Orientación Laboral do Concello de Curtis. 981789003 Ext. 2037

Actividades do programa:

1.-Safari de emprego no territorios:

Duración: 3 meses (abril-xuño 2018). 12 sesións.

  • Sesións de 1 día a semana (3/4 h), onde se analizarán casos prácticos de éxito, traballarase iniciativas emprendedoras, participarán emprendedores presentando as súas experiencias, profesionais dos sectores de interese, realizaranse visitas técnicas a empresas de referencia.

Esta actividade constará de dúas partes :

  • Sesións teóricas de traballo co grupo nos centros de impartición da actividade: Espazos Xove de Curtis e Carballo, podendo adaptarse segundo a procedencia dos participantes
  • Sesións prácticas grupais e individuais : saídas ao territorio, visitas, dinámicas grupais.

Fases do Safari:

  1. Exploración (8 sesións): sesións de traballo en grupo, para elaborar un guión/base de traballo analizando as potencialidades, recursos e necesidades do territorio. Nesta fase, os participantes, acompañados polos técnicos responsables, definirán as rutas a explorar e analizarán os sectores máis proclives a crear emprego na zona de incidencia.
  2. Descubrimento (4 sesións): sesións de traballo de campo, guiadas polo persoal técnico, para realizar as accións / tarefas de exploración das rutas definidas na fase anterior:
    - Entrevistas a profesionais, emprendedores, axentes do territorio.
    - Investigación de mercado, análise dos recursos da contorna.
    - Exploración do sector de interese para cada participante (situación actual, empresas existentes, necesidades, ...)

2.-Formación para a inserción – grupo

Duración: 2 meses (maio-xuño 2018) – adaptada ás necesidades dos participantes (ata un máximo de 24 sesións).

Trátase de formación básica adaptada ás necesidades do grupo, en eidos nos que se amosen certas necesidades, como poden ser a comunicación, innovación, TIC, normativa, etc, que son hoxe fundamentais para a inserción laboral.

Poderá estar organizada en sesións máis continuas, dúas ou tres veces por semana, para favorecer a adquisición de coñecementos polos participantes (farase en función da demanda ata un máximo de 24 sesións).

As sesións, impartidas por profesionais/docentes expertos, basearanse na metodoloxía do “learning by doing”, aprendizaxe pola práctica, nas cales, os participantes poderán participar activamente no desenvolvemento das mesmas ( supostos prácticos, dinámicas,..).

Inclúe:

  • Formación básica sobre a xestión da actividade comercial e empresarial.
  • Formación específica, á demanda dos participantes: loxística, comunicación, xestión empresarial, busca activa de emprego...

3. Formación na empresa – individual:

Sesións de estadías profesionais en empresas do sector de interese de cada participante, fomentando a aprendizaxe pola práctica e o contacto continuo coa realidade empresarial.

Poderán participar aqueles mozos/as que a demanden ou precisen.

Poderanse realizar estadías dentro do período de tempo comprendido entre os meses de maio a setembro de 2018.

Duración das estadías:

  • Mínimo : 60 h de prácticas (2 semanas)
  • Máximo 240 h de prácticas (6 semanas)

A xornada de prácticas terá unha duración máxima de 7 horas.

Os participantes contarán cun seguro de R.C. e de accidentes.

As estadías de formación nas empresas serán organizadas en función dos criterios establecidos para cada un dos participantes e segundo as necesidades das empresas de cara a posibles contratacións . Para levar a cabo as estadías, asinaranse convenios cas empresas de acollida nos que se reflecta a duración, as actividades que realizará o mozo/a, os horarios e se establecerá unha persoa responsable da empresa para o seu seguimento e avaliación .

4. Titorización e seguimento individual

Comezarán a partir do mes de maio de 2018 e desenvolveranse durante toda a execución do proxecto (outubro) , ao longo das diferentes fases terán lugar reunións do equipo técnico con cada participante para o seguimento do seu itinerario de inserción e a articulación de medidas adaptadas a cada caso.

5. Captura de proxectos

Duración: 1 mes – último mes do proxecto (outubro 2018)

Trátase da fase de conclusións, os mozos e mozas terán de xeito individual:

  • Acadada experiencia laboral nos sectores de interese.
  • Identificados nichos de emprego no territorio.
  • Elaborado un plan de mellora da súa empregabilidade.
  • Definidas as oportunidades/proxectos para emprender.
  • Identificadas as necesidades de formación.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.