Numeracion Curtis logos

Chamada á participación veciñal para o deseño da ordenación do territorio desde un punto de vista ambiental

participacion verdeO Concello de Curtis implícase, xunto á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, na elaboración do deseño na provincia de A Coruña da ordenación integral do territorio desde un punto de vista ambiental, proceso que se abre á participación cidadán.

Como participar?

A través do taller de Infraestructura Verde, que se celebrará o mércores 4 de abril, ás 18.30 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro.

Que é?

Co gallo de deseñar esta ordenación integral do territorio, preténdese definir unha rede de zonas naturais e servizos ecosistémicos (purificación de augas, fertilidade do chan, aforro de enerxía, etc).

Por que e importante a participación veciñal?

A participación de todos os axentes sociais e veciños/as neste taller permitirá recoller as súas propostas e opinións e servirá de base para a concreción de actuacións como a creación de corredores ecolóxicos en canles fluviais, prácticas agroecolóxicas en zonas agrícolas, ecoaldeas, proxectos de mellora paisaxística, creación de bosques en zonas degradadas e a creación de espazos verdes en zonas urbanas, entre outros.

Para isto, se vai traballar sobre un mapa do concello, identificando lugares de interese ambiental e a súa conectividade. Entre os diversos puntos que se tratarán na xornada, comentarase a situación do río Mendo e Mandeo, os camiños tradicionais, os sendeiros e as rutas entorno aos espazos naturais.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.