Numeracion Curtis logos

Máis de 200 veciños interesáronse polos cambios do PXOM nas reunións convocadas polo Concello de Curtis

  • O alcalde Javier Caínzos lembrou que a intención do Goberno local é aprobar un documento final o máis consensuado posible.
  • As modificacións estarán en exposición pública ata o 28 de maio nos dous pobos e o catro parroquias, así como na web municipal.

pxom curtis 15.32.09Máis de 200 persoas acudiron ás reunións informativas convocadas polo Concello de Curtis nos pobos e parroquias para informarse e despexar as súas dúbidas sobre os cambios do PXOM que delimitarán os núcleos rurais e adecuarán as categorías de chan rústico. Estes cambios adaptarán o actual Plan Xeral do 2007 á nova da Lei do Solo e axustarán os usos reais do chan ás necesidades e demandas dos veciños recollidas no proceso previo de participación cidadá.

A estas reunións asistiron o alcalde Javier Caínzos e outros membros do equipo de Goberno e técnicos de Urbanismo e do equipo redactor dos documentos do PXOM. Nas mesmas, lembróuselles aos veciños que poden acceder e consultar a documentación e os planos das modificacións tanto a través da web municipal (www.curtis.gal) como na Casa Consistorial en Teixeiro, nas dependencias municipais de Curtis e nos locais sociais de Foxado, Santaia, A Illana e Paradela, onde estarán en exposición pública ata o 28 de maio. Ademais, poden recibir información no Servizo de Urbanismo e ten á súa disposición documentos tipo para presentar as alegacións.

O rexedor lembrou aos asistentes que a intención do Goberno local é avanzar conxuntamente nun documento final o máis consensuado posible xa que marcará o desenvolvemento urbanístico e económico do municipio nos próximos anos.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.