Numeracion Curtis logos

O I Campionato Galego de Culturismo para promesas e principiantes celebrarase en Teixeiro o 5 de maio

Culturismo 11O municipio curtiense acollerá o I Campionato Galego de Culturismo para promesas e principiantes, que se celebrará o vindeiro 5 de maio no polideportivo municipal de Teixeiro.

Desde a área de Deportes se impulsa esta modalidade deportiva con numerosos afeccionados nos ximnasios municipais onde Santiago Férnandez Linares, 'Guti', un dos monitores e nomeado Embaixador do Concello de Curtis, ten, entre outros títulos, o de Campión Norte de España culturismo 90 kg, o de campión absoluto Norte de España e o de Campión da Copa de España de culturismo 85 kg, así como outros títulos vinculados con deportes de forza como o Powerlifting.

O 5 de maio será unha xornada especialmente deportiva xa que ese día tamén se celebrará a V Carreira Popular, neste caso no pobo de Curtis, que reunirá a decenas de afeccionados ao atletismo.

As dúas iniciativas enmárcanse na aposta do Concello de Curtis por potenciar actividades deportivas para fomentar hábitos de vida saudable e co fin de atraer ao municipio eventos que o sitúen no centro galego para moitos afeccionados de distintas modalidades.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.