Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis lembra a obrigación de limpar as parcelas urbanas ou próximas a vivendas antes do 31 de maio

  • O Goberno local pide a colaboración cidadá e destaca que, no caso de incumprimento, as multas mínimas son de cen euros.

bando 2018O Concello de Curtis elaborou un bando lembrando aos propietarios das parcelas de natureza urbana ou próximas a vivendas rurais que antes do 31 de maio deben proceder á súa limpeza para previr incendios forestais.

O Goberno local solicita a colaboración cidadá e lembra que é obrigación legal dos donos o mantemento das súas leiras co fin de mantelas en perfecto estado de limpeza e que as sancións, fixadas na Lei de Montes e na de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, oscilan entre os 100 euros para infraccións leves e o millón de euros para as moi graves.

No caso de incumprimento, ademais do procedemento sancionador, o Concello pode actuar de oficio e pasar daquela o custo dos traballos aos propietarios.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.