Numeracion Curtis logos

Caínzos esixe á Deputación que cumpra xa o seu compromiso de arranxar a Avenida Principal de Curtis

  • O alcalde lembra os graves prexuízos que causa a veciños e comerciantes polos ruídos e vibracións.
  • A principios de 2017, o Concello presentou un informe técnico e fotográfico coas deficiencias, que cada día se agravan máis a ser paso continuado de camións.
  • O Goberno local convocará a próxima semana a colectivos, asociacións e veciños para explicarlles os pasos que se deron e os que se darán.
  • Video co informe técnico municipal sobre o mal estado da Avenida Principal

avenida 2O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, convocará a próxima semana a colectivos, asociacións e veciños do pobo de Curtis a unha reunión para explicarlles os pasos que deu o Concello e as medidas que adoptará agora para esixir á Deputación da Coruña que arranxe urxentemente a Avenida Principal, que se atopa en pésimo estado de conservación e que cada día se agrava máis xa que a estrada, que enlace a A-6 con Santiago, é paso continuo de camións de gran tonelaxe que transportan leite e madeira.

O rexedor pedirá o apoio dos veciños, cuxas queixas e reclamacións volverá, unha vez máis, a facer chegar á Deputación, titular da vía, á vez que lle lembrará que o organismo provincial adquiriu un compromiso con Curtis para reparar esta estrada cando a principios do ano pasado entregóuselle un completo informe técnico e fotográfico sobre o deficiente estado. No mesmo aprécianse fisuras no formigón, roturas e gretas nas xuntas, desgaste na capa de rodaxe e mala ou nula sinalización nas zonas de aparcadoiro, así como o borrado dos pasos de peóns.

Para o Concello de Curtis, a situación é insustentable porque o paso dos vehículos, e en especial o dos camións, provocan ruídos e vibracións nesta arteria principal do pobo que chegan mesmo a afectar o soño dos veciños.

O rexedor insistirá á Deputación a que cumpra o seu compromiso e lémbralle que nestes momentos a institución provincial conta cun remanente económico que lle permite cumprir coa súa obrigación de manter en perfecto estado esta vía da súa titularidade.

Queixas desde o ano 2015

A Deputación coruñesa é consciente desta situación desde o ano 2015, cando realizou obras de mellora pero que xa foron moi polémicas pola súa mala execución, tanto pola incomodidade que causou que a empresa actuase sen cumprir coas súas obrigacións de seguridade e limpeza como pola parte técnica, xa que o Goberno local advertiu entón que a calzada volvería atoparse en mal estado en pouco tempo, como así foi.

"Naquelas obras -lembra o rexedor- gastáronse 60.000 euros e non pasaron dous anos e a situación volveu ser insustentable, e os veciños levan demasiado tempo soportando o ruído e as vibracións". Caínzos tamén levou este tema á Deputación no tempo que foi deputado, en maio de 2017, e o organismo comprometeuse a porlle solución. De feito probou unha nova pavimentación nun tramo da avenida, e "a actuación quedou aí. Estamos a falar xa de hai 8 meses", aclara o alcalde.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.