Numeracion Curtis logos

A execución da rede de camiños principais da concentración parcelaria de Fisteus comezará este verán

  • Esta obra e o proxecto de acordo e marcos suporá un investimento de 2,8 millóns de euros.
  • A parcelaria desta parroquia é a máis grande executada pola Xunta ata a data.

reunion parcelariaTécnicos da Consellería de Medio Rural e da empresa redactora do proxecto da parcelaria de Fisteus reuníronse hoxe coa Xunta Local da parroquia curtiense, acompañados polo alcalde Javier Caínzos e o edil de Obras, Emilio Souto, para explicarlles en que fase está o expediente así como das próximas actuacións.

Ademais, adoptáronse os acordos de informar favorablemente as bases definitivas e que a finais deste mes de maio se entregarán os boletíns co número das parcelas.

Así mesmo, a consellería espera adxudicar despois do verán o proxecto de acordos e marcos dos novos predios de substitución que, segundo fixa a lei, deberá executarse nun prazo máximo de 18 meses.

Tamén se informou de maneira favorable o proxecto da rede de camiños principais, que estará a exposición durante un mes. A obra, adxudicada a Tragsa, iniciarase antes do verán.

O investimento da Xunta nestas execucións ascende a 2.8 millóns de euros.

Por último, os técnicos avanzaron que a conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, prevé reunirse en breve cos propietarios das terras desta parcelaria que, cunha superficie total de 4.000 hectáreas, é a máis grande das abertas actualmente en Galicia. Unha vez conclúa o proceso de concentración, reducirase a menos dunha cuarta parte a súa actual división.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.