Numeracion Curtis logos

Felicitacións de 300 anos en Curtis

  • O Goberno local felicita a tres veciñas do municipio que cumpriron 100 anos
  • O alcalde Javier Caínzos sostén que chegar a ser centenario como Belarmina, Francisca e María é "a maior historia de superación e esforzo que podemos atopar".

belarmina garcia francisca seisdedos maria ares

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e a edil de Cultura, Eva Lata, visitaron esta semana a tres mulleres veciñas do municipio que cumpriron 100 anos, Belarmina García Ventureira, Francisca Seisdedos Maíllo e María Ares López, que estiveron acompañadas tamén por membros das súas familias.

O equipo de Goberno quixo renderlles unha pequena homenaxe en nome de todo a veciñanza, transmitíndolles unha mensaxe de agarimo e felicitarlles nas súas propias vivendas, co agasallo dun gran ramo de flores e unha placa.

O rexedor aproveitou a oportunidade para lembrar que "fronte á volatilidade e a rapidez do mundo actual, onde a vida parece que tanscurre entre redes sociais, son as mulleres como Belarmina, Francisca e María as que nos pon os pés na realidade porque chegar aos cen anos tras vivir un século de enormes transformacións, moitas veces inimaxinables, é a maior historia de superación e esforzo que podemos atopar".

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.