Numeracion Curtis logos

O Concello activa un servizo de información ao público no proceso de regulación catastral iniciado polo Ministerio de Facenda

  • Persoal especializado atenderá, previa cita, aos veciños interesados os días 12 e 13 de xullo en Curtis, e os días 16, 17 e 18 en Teixeiro.

catastro 18O Concello de Curtis porá en marcha este mes un dispositivo para informar e asesorar aos veciños na revisión do catastro que puxo en marcha o Ministerio de Facenda co obxectivo de actualizar os datos que datan do 2013, último ano no que actuou no municipio a Dirección Xeral do Catrastro, que é a que decide que concellos e en que data se van incorporando ao plan de regularización.

Co obxectivo de dar apoio tanto nas cuestións referentes á información catastral como na presentación de recursos e reclamacións, persoal especializado atenderá aos veciños os días 12 e 13 de xullo nas oficinas municipais de Curtis e os días 16, 17 e 18 na Casa do Concello en Teixeiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Os interesados deberán pedir cita previa no teléfono 981 257 546, ou ben nos teléfonos municipais 981 789 003 / 981 787 150.

Durante eses días facilitarase información sobre as notificacións que reciban os interesados, tanto no relativo aos datos catastrais como tributarios, así como sobre os criterios módulos, coeficientes e táboas de valoración aplicados ás leiras ou inmobles obxectos de notificación, e os datos que lles serviron de base.

Tamén se solicitará información e recolleranse os recursos e reclamacións que se queiran presentar e axudarase na súa tramitación.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.