Numeracion Curtis logos

A XIX Festa do Cabalo de Teixeiro repartirá 3.720 € en premios en probas puntuables para a Copa e o Campionato de Galicia

  • A celebración, que reunirá o domingo, día 5, aos mellores exemplares de pura raza galega, finalizará cunha exhibición de enganches en sulky, limonera e tronco.
  • A Festa enmárcase na programación da XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro, que comeza o venres, día 3.

cabalo 18Teixeiro celebrará o vindeiro domingo, día 5 de agosto, a XIX Festa do Cabalo, organizada pola área de Promoción Económica para impulsar o cabalo de pura raza galega ao ser Curtis uno dos municipios da provincia da Coruña con máis gandarías.

O programa desta festa, unha das máis consolidadas e atractivas para os afeccionados ao mundo ecuestre xa que nela se poden admirar algúns dos mellores exemplares de pura raza galega, incluirá as probas do concurso morfológico puntuables para a Copa de Galicia, así como as probas de andaina para o Campionato de Galicia. Ademais, desenvolverase o concurso de andaina galega e de trote.

En total, repartiranse máis de 3.700 euros en premios.

A xornada, que comezará ás 10.00 da mañá, finalizará cunha exhibición de enganches en sulky, limonera e tronco, ás 18.00 horas, e a entrega de premios, ás 19.15 horas.

As probas celebraranse nun campo destinado a actividades ecuestres situado detrás da Casa do Concello e disporá dunha ampla zona de aparcadoiro para faciitar a asistencia á festa.

A Festa do Cabalo, que se enmarca na programación da XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Club Hípico de Teixeiro, a Federación Hípica Galega e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

  • Programa XIX Festa do Cabalo de Teixeiro: pdf
  • Programa XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro: pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.