Numeracion Curtis logos

A boa saúde económica do Concello permitirá financiar con remanente e superávit 741.000 euros en melloras viarias, lumínicas, deportivas e culturais

  • As maiores partidas irán destinadas a pavimentación da rede viaria municipal e mellora das infraestruturas deportivas.

padelA situación económica positiva do Concello de Curtis que, segundo o peche de contas de 2017, dispón dun remanente líquido de tesouraría de 2,8 millóns de euros así como de capacidade de financiamento (superávit), permitirá ao Goberno local executar obras sustentables de mellora viaria, lumínica, deportiva e cultural non previstas nos orzamentos deste ano por valor de 741.368 euros.

O Goberno central permite que as Corporacións locais que, como a de Curtis, realizaron importantes esforzos de consolidación poidan ter agora máis capacidade de realizar investimentos financieramente sustentables e que se traduzan de maneira inmediata nun maior benestar dos cidadáns.

A maior partida das novas actuacións previstas, de 385.000 euros, irá encamiñada a pavimentar as estradas da rede viaria municipal en peor estado e cuxo deterioración no firme precisa dunha reparación urxente xa que nalgúns casos existe perda de adherencia, o que pode provocar deslizamiento dos vehículos e provocar accidentes.

A segunda maior partida, de case 254.000 euros, permitirá a mellora das infraestruturas deportivas, básicas na estratexia municipal de potenciar hábitos e estilos de vida saudable na cidadanía e que cada son cada vez máis demandas pola cidadanía curtiense.

Reducir un 55,58% o custe enerxético

Ademais destas obras, destinaranse 81.481 euros á renovación das instalacións da iluminación pública, que será a achega municipal a un ambicioso proxecto do Concello de Curtis cuxo orzamento ascende a 407.409 euros e que busca reducir o consumo de enerxía eléctrica nun 30% e o seu custo económico nun 55,58%. O resto do financiamento do proxecto enmárcase no programa de axudas FEDER para favorecer o paso a unha economía baixa en carbono.

Por último, o Concello investirá preto de 21.000 euros en mellorar a dotación da Biblioteca Municipal.

Destas actuacións, as partidas destinadas á Biblioteca e ás instalacións deportivas serán financiadas co remanente de tesouraría, mentres que a mellora da rede viaria farase a través do superávit municipal. En canto aos 81.481 euros para o aforro enerxético, 68.037 euros financiaranse con remanente, e o resto con superávit.

Para o desenvolvemento destas actuacións, o Concello de Curtis levou ao Pleno ordinario de agosto un expediente de modificación de créditos.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.