Numeracion Curtis logos

400 veciños do municipio vólcanse na loita contra o cancro participando na cea solidaria de mañá

  • A Xunta Local de Curtis-Teixeiro da AECC, que mañá cumpre un ano, agradece a resposta masiva xa que conseguiron encher o recinto.

cea cancroUn total de 400 persoas acudirán mañá á cea solidaria que organiza a Xunta Local de Curtis-Teixeiro da Asociación Española contra o Cancro (AECC) para recadar fondos co fin de axudar en actuacións de apoio e acompañamento ás persoas enfermas e as súas familias e financiar proxectos de investigación que permitirán un mellor diagnóstico e tratamento do cancro. Nesta cea estará o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, así como concelleiros do Goberno local para apoiar esta causa.

A cea organizarase no Recinto Feiral de Curtis, ás 21.30 horas.

Esta é a primeira cea solidaria que organiza a nova Xunta Local, que xusto mañá cumpre un ano á fronte da AECC. As responsables agradecen a resposta masiva e como se volcaron os veciños do municipio, tanto acudindo a esta cea, xa que se completou todo o aforamento do recinto, como noutras actuacións postas en marcha durante este ano: talleres e charlas informativas, campañas de sensibilización e venda de mercadotecnia e repartición de información nos distintos eventos e festas celebradas no concello.

Ademais, a Xunta Local e o Concello de Curtis organizaron este verán a I Carreira - Andaina Solidaria contra o Cancro, na que participaron 338 persoas que percorreron, ben andando ou ben correndo, os 11 quilómetros que separan Curtis de Teixeiro.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.