Numeracion Curtis logos

O Concello de Curtis volverá aprobar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, como festivo local para 2019

  • Ademais desta xornada, tamén será festivo o xa tradicional Martes de Entroido.

casa concelloO Concello de Curtis aprobará no Pleno ordinario deste mes, que se celebrará mañá, xoves, 11 de outubro, os días festivos locais para 2019, que volverán ser o tradicional Martes de Entroido, que caerá o 5 de marzo, e o Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo.

Este último día, o da Muller Traballadora, instaurouse como festivo xa este ano 2018 a proposta do Goberno local co obxectivo de evidenciar a necesidade de seguir loitando pola igualdade real de xénero e darlle á muller o valor e o papel que lle corresponde na sociedade.

O alcalde Javier Caínzos tamén quere converter este día nun respaldo á muller rural, ao traballo que se desenvolve desde o CIM Curtis para os municipios de Curtis, Sobrado e Vilasantar e ás políticas transversais de igualdade que veñen aplicando en todas as áreas do Concello curtiense.

  • Convocatoria Pleno Ordinario: pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.