Numeracion Curtis logos

Aberto o prazo para apuntarse en Xuntos no Nadal, programa para as persoas maiores que se atopen soas nesta datas

PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”

xuntos nadalA Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

O programa desenvolverase desde o 23 de decembro de 2018 ata o 7 de xaneiro de 2019.

  • Información sobre o programa, prazas, destinos, datas e condicións.

O prazo de presentación será ata o día 15 de novembro incluído. Poderase entregar a solicitude e documentación nos Servizos Sociais do Concello de Curtis.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.