Numeracion Curtis logos

A campaña 'Concello de Curtis, polos bos tratos' visualiza a unión de pobos e parroquias curtienses contra a violencia de xénero

  • Este ano, como os anteriores, centrará as accións do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller nos centros educativos.
  • O día 23 os alumnos do IES de Curtis lerán un manifesto e proxectarán unha curtametraxe elaborada por eles mesmos.
  • O CIM instalará unha caseta na Feira Comarcal de Curtis para ofrecer información

25 n 2018A campaña do Concello de Curtis con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, do 25 de novembro, enfócase este ano na unión de todo os curtienses contra esta secuela social. Con esta idea e baixo o título 'O Concello de Curtis, polos bos tratos', o cartel de lanzamento da campaña identifica a cada muller cun pobo e unha parroquia do municipio.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, a área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do CIM Curtis, centrará as principais accións da campaña nos centros educativos. Será o día 23 no CEIP de Curtis e Teixeiro e no IES de Curtis, onde o alumnado será o protagonista absoluto co desenvolvemento de actuacións de sensibilización e concienciación.

O obxectivo é que os mozos e mozas, cos que o CIM leva tempo traballando, se manifesten en contra da violencia de xénero e que sexan conscientes da discriminación que sofren as mulleres e das súas capacidades para cambiar os estereotipos machistas e a desigualdade.

Murais e curtometraxe

Así, no CEIP de Curtis e Teixeiro desenvolveranse talleres e dinámicas de aprendizaxe sobre os conceptos de igualdade e exporanse murais con fotografías sobre a corresponsabilidade e a coeducación,

Pola súa banda, o alumnado do IES de Curtis lerá un manifesto en contra da violencia de xénero nos dous recreos. Tamén proxectarán a curtametraxe que eles mesmos elaboraron e que editou o Concello, onde analizan as temáticas da igualdade e da violencia de xénero e as súas causas.

Ese mesmo día, ademais, desenvolverase un programa de actividades na Casa dá Xuventude, onde se falará das relacións afectivas e de parella.

Feira Comarcal

Ademais, o CIM Curtis, aproveitando que o 23 é o día da Feira Comarcal de Curtis instalará alí unha caseta onde se repartirá material informativo sobre os recursos e os servizos que ofrece de apoio e asesoramento ás mulleres, así como materia contra a violencia de xénero.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.