Numeracion Curtis logos

Os campamentos 'Concilia' de Nadal desenvolverán actividades incidindo na educación en igualdade e sen estereotipos

  • Aberto o prazo para a inscrición para os campamentos, que se desenvolverán o 26, 27 e 28 de decembro e os días 2,3 e 4 de xaneiro de 2019.
  • Tamén se poden inscribir para gozar un día de patinaxe sobre xeo.

cartel nadalAs áreas de Igualdade e Cultura do Concello curtiense, a través do CIM Curtis, pon en marcha os campamentos de Nadal ‘Concilia na Montaña’ para axudar na conciliación da vida laboral e familiar nestas datas.

Os campamentos desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de decembro deste ano e os días 2,3 e 4 de xaneiro de 2019, en horario de 10.00 a 14.00 horas no Centro de Lecer de Curtis e no recinto escolar de Teixeiro.

Como en anos anteriores, todas as actividades desenvolveranse tendo en conta a perspectiva de xénero, a educación en igualdade, a corresponsabilidade e evitando os estereotipos e roles de xénero.

Entre as iniciativas previstas, organizaranse manualidades, prepararanse aos nenos e nenas para a festa de Fin de ano, faranse murais de xoguetes incidindo en que non existen xoguetes para nenos e nenas, organizaranse talleres de cociña de Nadal, haberá bailes, proxectaranse películas e elaborarase a carta aos Reis Meigos.

O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de decembro.

  • Ficha de inscrición: pdf

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.