Numeracion Curtis logos

Os orzamentos recollen unha subida salarial do 2,25% para os traballadores municipais e a conxelación do soldo do alcalde por sexto ano consecutivo

ORZAMENTOS 2019

  • O capítulo de persoal suporá o 37% do orzamento total para 2019 por este incremento marcado polo Estado e pola previsión para a futura RPT

casa concello copyO proxecto de orzamentos do Concello de Curtis para 2019 recolle, no capítulo I de gastos de persoal, unha provisión económica para a subida dos salarios dos traballadores municipais dun 2,25%. O incremento correspóndese co acordo retributivo alcanzado entre os sindicatos e o Goberno Central o pasado mes de marzo.

Con esta subida, o gasto en persoal ascenderá a 1.729.207 euros, o que suporá o 37% do orzamento total, de 4.558.549 euros. Este capítulo tamén contempla a consignación de fondos que se fixo en previsión de que se aprobe a Relación de Postos de Traballo en 2019, o que permitirá adecuar as funcións dos traballadores ás novas necesidades da Administración Local para mellorar a atención dos servizos públicos.

A retribución que non experimentará subida será a do alcalde Javier Caínzos, que se conxela por sexto ano consecutivo, polo que cobrará a mesma cantidade que en 2013, 34.147 euros. Este salario sitúase entre os máis baixos da comarca en relación a municipios con igual ou similar número de habitantes. Tamén se conxelará a outra dedicación exclusiva, a do primeiro tenente de alcalde, Antonio Fraga, de 33.847,54 euros.

O Goberno local tamén aplicará no 2019 o camiño fixado este ano para consolidar postos de traballo e a dar cobertura ás prazas que a lei dispón co obxectivo de erradicar a temporalidade existente. A taxa de cobertura temporal en cada Administración deberá situarse no período 2018-2020 por baixo do 8%.

Máis novas dos Orzamentos 2019:

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.